PONTEVEDRA> A concellería de Deportes recupera a xestión dos grandes eventos deportivos. Así o confirmou esta mañá o edil socialista Tino Fernández. O fixo nunha rolda de prensa na que valorou tamén os orzamentos deste 2020. Ademais, o tenente de alcalde anunciou que haberá unha redistribución dos cartos destinados ao gasto social e un plan enfocado a fomentar o Xacobeo 2021.
O goberno municipal volve a trasladar a organización dos grandes eventos deportivos á concellería de Deportes. Unha competencia que, dende o inicio do novo mandato, levaba a edil nacionalista Anabel Gulías.
A unificación dos eventos deportivos nunha mesma concellería é a principal novidade dos orzamentos de 2020, pero non é a única. Tino Fernández anunciou esta mañá que o goberno municipal levará a cabo unha redistribución dos cartos destinados á renda social. Unha medida coa que se busca un mellor aproveitamento dos recursos.
Na valoración de Tino Fernández sobre os presupostos municipais deste 2020 destaca tamén a área de promoción económica. Un departamento que traballará arreo de cara ao Xacobeo 2021.
O edil socialista non quixo pasar por alto a oposición que está a ter o PP tras a presentación dos presupostos. Unha oposición, segundo Tino Fernández, completamente disparatada.
O que si valorou positivamente o tenente de alcalde foi a actitude de Cidadáns. Tino agradeceu a súa colaboración na elaboración dos presupostos.











