O PP da Pobra denuncia que o pavillón de Venecia leva tres meses pechado

POBRA> O PP da Pobra denuncia a paralización da reforma do polideportivo de Venecia. A instalación leva pechada dende o mes de novembro sen que ata o momento se teñan iniciado as obras.

O xantar da terceira idade foi o último evento que acolleu o pavillón de Venecia da Pobra antes do seu peche para iniciar a reforma do centro. Sen embargo, tres meses despois as obras continúan sen comenzar.

O partido popular critica que se teñan suspendido estas actividades  e que outras se trasladaran a outras instalacións, mesmo fóra do municipio, o que supón un prexuízo para os usuarios.

Para os populares esta é unha mostra máis do abandono ó que están sometidas as instalacións deportivas da Pobra. Pon como o exemplo os problemas de filtracións no estadio da Alta e o mal estado dos accesos ó campo de Cadreche.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí