A programación do Día da Muller e da Nena na Ciencia xirará arredor de Greta Thunberg

PONTEVEDRA> Greta Thunberg será a referencia do Día da Muller e da Nena na Ciencia en Pontevedra. Unha xornada que se levará a cabo o venres. O obxectivo é visibilizar as mulleres neste sector. Para iso, haberá un encontro con diferentes centros educativos e unha mesa redonda aberta ao público.

Mañá é o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Unha xornada na que se pretende visibilizar o papel da muller neste sector co obxectivo de que as máis pequenas poidan ter referentes aos que seguir. Con motivo desta celebración, o Concello de Pontevedra celebrará este venres dous eventos, os cales xirarán en torno a activista Greta Thunberg.

A primeira actividade levarase a cabo o venres pola mañá no Teatro Principal. Un evento destinado aos alumnos de 5º e 6º de primaria e de 1º e 2º da ESO e que contará coa presenza de Joana Magalhães. Os centros que queiran inscribirse deberán facelo na alcaldía do Concello ou a través do Servizo de Normalización Lingüística.

A xornada rematará cunha mesa redonda na Casa das Campás titulada “Muller e Ciencia”. Esta actividade contará coa presenza de 4 mulleres do sector: Xana Álvarez, Rosana Malvar Pintos, Peregrina Quintela e Elena Vázquez. O evento comezará ás 20:00 horas e estará aberto ao público.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí