Unha convocatoria de orixe descoñecido chama ao apagamento dos negocios da Rúa Progreso de Sanxenxo

SANXENXO> Peculiar convocatoria para un apagamento das luces dos negocios na rúa progreso de Sanxenxo. Os establecementos divídense entre apoiar ou non a iniciativa a pesar de que ninguén coñecía a orixe desta convocatoria.

As redes sociais facíanse eco no día de hoxe dunha convocatoria para un apagamento das luces dos establecementos da rúa Progreso de Sanxenxo. Segundo ese comunicado, de orixe descoñecido, os protestantes, ás 21 horas, manterían a escuras os seu locais como queixa polo mal estado da renovada vía. Entre as críticas atopábanse a falla de iluminación, a escaseza de aparcadoiros e o mal estado da estrada.

Os comerciantes da zona aseguraron que descoñecen a orixe desta convocatoria. A pesar diso algúns propietarios confirmaron que apoiarán a iniciativa porque non están contentos co resultado da reformada rúa. Os que non a apoiarán xustificaban que non vían sentido a secundar unha convocatoria que non saben quen a orixinou. Estes comerciantes tamén consideraban absurdo facer un apagamento dos negocios a unha hora na que a maioría, xa de por si, están pechados e apagados.

O que si aseguraban moitos comerciantes é que a rúa aínda necesita melloras. Os propietarios queixábanse pola altura das beirarrúas e a falla de sinalización nas estradas. Tamén piden cambios na reordenación do tráfico para evitar o que consideran un caos circulatorio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí