Somos Ribadumia e o alcalde cruzan acusacións tras unha suposta festa celebrada na casa do rexidor

RIBADUMIA> A pesar do bo funcionamento do Tinto de Barrantes, dende Somos Ribadumia piden a dimisión de David Castro por unha festa celebrada no seu domicilio particular. Ata a vivenda achegouse a Garda Civil que non denuncio ningún incumprimento. O alcalde asegura que non cometeron ningunha ilegalidade.

A polémica das festa do Tinto de Barrantes non estivo en ningún dos actos celebrados nos festexos, se non nunha suposta festa que tivo lugar na casa familiar do alcalde. Un veciño alertou á garda civil da velada pero cando os axentes chegaron ao lugar non denunciaron ningún incumprimento. Dende Somos Ribadumia denuncia que había máis xente da permitida e piden a dimisión de David Castro.

A pesar de que a Garda Civil non denunciou ningún incumprimento, Somos Ribadumia poñerá unha queixa na subdelegación do goberno.

O alcalde negou todas as acusacións e denuncia que está sufrindo unha persecución política e persoal.

David Castro tamén poñerá a situación en mas dos equipos xurídicos.

Dende Somos Ribadumia piden a David Castro que compadeza en pleno extraordinario para dar explicacións. O alcalde non quixo entrar en máis

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí