Medio centenar de persoas concéntranse en defensa da universidade pública

PONTEVEDRA> A Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública concentrouse esta mañá no campus de Pontevedra para mostrar a súa oposición á creación da primeira universidade privada de Galicia. Os representantes deste colectivo mostraron a súa preocupación ante esta iniciativa e aseguraron que o proxecto non cumpre cos niveis de calidade esixidos.

O número de alumnos matriculados nas universidades públicas da nosa comunidade reduciuse drasticamente nos últimos anos. Sen embargo, a Xunta de Galicia apoiou recentemente o proxecto impulsado por Abanca da creación da Universidade Intercontinental da Empresa. Tras esta decisión da administración autonómica púxose en marcha este colectivo. Os representantes da Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública concentráronse esta mañá no campus de Pontevedra para defender a igualdade de oportunidades e mostrar o seu rexeitamento a este proxecto.

Os representantes da Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública aseguran que esta universidade privada presenta un catálogo de titulacións reiterativo e que non complementa por tanto a oferta académica actual.

A pesar desta oposición, o Consello Galego de Universidades xa emitiu un informe favorable ao anteproxecto da Universidade Intercontinental da Empresa. Unha institución que contaría inicialmente con 4 grados, 4 másteres e 2 programas de doutorado e que tería sede en Santiago de Compostela. Aínda que os seus campus instalaríanse en A Coruña e en Vigo. De facerse realidade, a universidade privada comezaría a súa actividade no curso 2021-2022.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí