O BNG comprométese a impulsar o proxecto do nó de Bombeiros

PONTEVEDRA> A cabeza de lista do BNG para as eleccións do 10 de novembro compareceu esta mañá en rolda de prensa para denunciar a parálise que existe no proxecto do nó de Bombeiros. Carme da Silva asegurou que hai un risco real de que caduque o informe de impacto ambiental e comprometeuse a solicitar a licitación inmediata dos traballos se sae elixida deputada.

A aprobación definitiva deste proxecto saíu publicada no BOE en outubro de 2015. 4 anos máis tarde a remodelación do nó de Bombeiros segue sen ser unha realidade. A cabeza de lista do BNG para as eleccións xerais compareceu esta mañá en rolda de prensa para denunciar esta parálise.

Ante esta parálise, Carme da Silva cre que hai un risco de que aconteza o mesmo que coa A-57, que caduque a tramitación ambiental.

Tanto o alcalde de Pontevedra como o de Poio apoiaron as palabras de Carme da Silva. Miguel Anxo Fernández Lores e Luciano Sobral fixeron fincapé na importancia desta remodelación para a mellora da mobilidade peonil.

Na parte económica, a cabeza de lista do BNG recordou que esta obra está valorada en 6,2 millóns de euros. Unha cifra que, segundo Carme da Silva, se podería incluír como modificación orzamentaria.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí