Gastronomía, natureza, deporte e Camiño: a proposta de ‘turismo sostible’ de Pontevedra en Fitur

MADRID> Pontevedra céntrase en Fitur no turismo sustentable. A boa vila fixo a súa presentación destacando a Pontevedra verde, pero tamén o turismo gastronómico e o deportivo, sen esquecerse do Camiño de Santiago. Dende o concello cualifican a súa participación en Fitur como vital para impulsar o turismo da boa vila.

Pontevedra leva anos acumulando éxitos e recoñecementos grazas ao seu modelo de cidade. Un modelo sustentable, ecolóxico e centrado nos peóns. Continuando coa súa estratexia de cidade, a boa vila presentouse en Fitur centrándose na Pontevedra verde.

Dentro do turismo sostible, Pontevedra tamén destaca pola gastronomía, o deporte e o camiño de Santiago.

Dende Pontevedra sinalan que a súa estratexia no ámbito turístico pasa polo turismo transversal.

Para o concello de Pontevedra, o seu paso por fitur é vital para aumentar o turismo de Pontevedra. Ao longo destes días, os concelleiros manteñen numerosas reunións para impulsar proxectos na Boa Vila, como por exemplo a Vía verde. As expectativas do turismo para Pontevedra son moi boas neste 2022.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí