Centos de estudantes danse cita en Edugal, o Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia

PONTEVEDRA> Dar continuidade á orientación académica e facilitar unha adecuada elección para tomar unha decisión sobre o futuro profesional. Eses son os obxectivos de Edugal. O Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia abriu onte as súas portas no Recinto Feiral de Pontevedra e estase a converter nun punto de encontro tanto para o alumnado como para os profesores da provincia.

O Recinto Feiral de Pontevedra acolle estes días a cita máis importante en Educación e Formación da provincia. Un evento onde se dan cita centos de estudantes e profesores co obxectivo de coñecer a oferta dos centros educativos de Galicia.

Son moitos os alumnos que se achegan ata aquí tendo xa unha decisión clara sobre o seu futuro profesional. Sen embargo, á maioría deles encontran neste Salón novas oportunidades de formación.

Este ano en Edugal están presentes 55 expositores. Dende empresas de TIC e robótica, pasando por outras de idiomas e formación no estranxeiro e rematando con escolas de danza, conservatorios e escolas de moda.

Mañá será a última xornada para visitar Edugal. Ademais dos expositores, os alumnos poderán asistir a un obradoiro de hixiene bucodental, de oratoria e un ata un showcooking a cargo dos alumnos do Carlos Oroza. O horario será de 10:00 a 15:00 horas.