Noia homenaxeará a tres emblemáticas comerciantes no Día da Muller

NOIA> A Concellería de Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller de Noia programaron diversas actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller. Este ano recoñecerán o labor de tres mulleres da vila dedicadas ó comercio.

O sábado sete de marzo desenvolverase un obradoiro de cociña en igualdade. Realizarase en dúas quendas de mañá e de tarde e os interesados xa poden reservar praza no departamento de Servizos Sociais.

O proio día oito, domingo, terá lugar a gala de homenaxe no coliseo Noela. Ademais da lectura dun manifesto e a proxección dun documental, renderase unha homenaxe a tres mulleres emblemáticas do comercio da vila.