NOIA> Os xubilados de Noia manteñen viva a súa loita por unhas pensións dignas. Como cada luns manifestáronse na praza do concello esixindo o cumprimento do Pacto de Toledo.
Hai xa dous anos que o colectivo de xubilados e pensionistas de Noia iniciou as mobilizacións na rúa. Aí seguen, cada luns, concentrados ás portas do Concello para que as súas reivindicacións non caian no esquecemento.
Non piden nada do outro mundo. Que se actualicen as pensións en relación ó IPC e se ratifiquen os compromisos adquiridos no Pacto de Toledo en forma de lei.
Á espera de ver as accións a desenvolver polo actual goberno lembran que o resto non cumpriron polo que se amosan escépticos.