A realidade virtual, unha terapia para os pacientes con párkinson

PONTEVEDRA> Converter a realidade virtual nun exercicio terapéutico para os pacientes con párkinson. Ese é o obxectivo do último estudo realizado polo grupo HealthyFit da Universidade de Vigo. Unha experiencia piloto que xa está a ter importantes resultados.

Avaliar as posibilidades que a realidade virtual pode ter nos programas de exercicio físico para pacientes con párkinson. Ese é o obxectivo de Pablo Campo. Fisioterapeuta e membro do grupo HealthyFit da Universidade de Vigo, Pablo decidiu centrar a súa tese no desenvolvemento deste proxecto.

Este proxecto realizou xa a súa primeira proba piloto. Nela participaron nove pacientes da Asociación Párkinson de Vigo.

E aínda que queda moito para saber cales son as vantaxes deste tipo de exercicio terapéutico, Pablo Campo asegura que os resultados, polo de agora, están a ser moi positivos.

O obxectivo deste proxecto é poder crear un exercicio terapéutico que se adapte ás necesidades e as características de cada usuario, conseguindo así programas individualizados.

Polo de agora a realidade virtual inmersiva soamente foi utilizada para tratar de solucionar problemas de carácter psicolóxico. Por iso é fundamental seguir investigando para que esta ferramenta poida ser utilizada nun futuro nos programas terapéuticos de actividade física.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí