Os colectivos feministas de Pontevedra acusan ao PSOE de poñer trabas na celebración do 8M

PONTEVEDRA> Esta semana esta marcada pola celebración do 8M. Unha xornada na que se levarán a cabo diferentes actividades en toda a cidade. Sen embargo, este ano, a polémica está servida. Os colectivos feministas da comarca denunciaron esta mañá as trabas coas que se atoparon por parte das institucións á hora de organizar as reivindicacións do vindeiro domingo.

Esta será a imaxe que se volverá a vivir o vindeiro domingo en Pontevedra. Baixo o lema “Sen coidados non hai vida”, as mulleres volverán a saír a rúa para defender os seus dereitos. A xornada comezará cunha marcha, ás 15:00 horas, dende Vilaboa. Esta chegará á Boa Vila ás 16:30 horas e unirase á manifestación convocada para ás 17:30 horas na praza do Hospital.

O 8M é unha xornada na que todos e todas se unen a prol dos dereitos das mulleres. Sen embargo, este ano dende o colectivo feminista de Pontevedra denuncian unha falta de colaboración por parte das institucións á hora de organizar as actividades para o vindeiro domingo.

Dende Galegas 8M apuntan directamente ao PSOE. En especial, despois de que o Concello de Pontevedra anunciase a celebración da carreira Tour Universo Mujer.

Estas trabas estendéronse tamén a outros puntos da comarca. En Marín, por exemplo, o Concello convocou unha andaina e un evento gastronómico para o domingo. Algo que obrigou a trasladar a manifestación neste municipio para o venres ás 20:30 horas.

A pesar destas complicacións, dende Galegas 8M piden á participación da cidadanía para que Pontevedra volva a converterse nun referente do feminismo.