Cautela en Taramancos ante o acordo para manter o acceso a Testal

acordoparlamentarioaccesotaramancos100.jpgNOIA> O Parlamento acadou un acordo para instar á Xunta a modificar o proxecto da variante de Noia co fin de que a aldea de Taramancos non quede illada.

{flowplayer}barbanza/acordoparlamentarioaccesotaramancos.flv{/flowplayer}

Os tres grupos con representación no parlamento galego apoiaron o acordo promovido polo PSdeG para buscar unha solución á aldea de Taramancos afectada pola construción da variante de Noia.

O proxecto orixinal contemplaba un paso superior por riba da variante que finalmente non se acometerá pola aparición duns vestixios arqueolóxicos. A modificación do proxecto deixaba tan só un paso inferior para peóns, impedindo o acceso rodado. Os veciños opóñense a esta solución posto que quedarían illados, con dificultades para acceder ás súas fincas e sen servizos esenciais, especialmente as vivendas situadas na parte máis baixa da aldea.

Acordo unánime

Tras coñecer o acordo acadado este xoves polos tres grupos parlamentarios agardan que a Xunta manteña o acceso actual ou dote á aldea dunha nova conexión coa praia de Testal.

A unanimidade no acordo pon de manifesto a vontade política de buscar unha alternativa que permita manter a comunicación da aldea con Testal ó tempo que se protexen os elementos patrimoniais.

Aínda así, os veciños temen que finalmente non se teñan en conta as súas reivindicacións e que a construción da variante de Noia acabe por sumir no abandono ó berce un dos máis ilustres noieses: Antón Avilés de Taramancos.

Redacción Barbanza