A sociedade civil implícase na celebración do 8-M en Boiro

BOIRO> A sociedade civil de Boiro implicarase activamente na celebración do oito do marzo. Ademais dos actos reivindicativos celebrarase unha verbena feminista e desenvolveranse charlas e coloquios en colaboración cos centros formativos.

Os actos centrais do día da muller, que se desenvolverán o propio oito de marzo a partir das doce, están promovidos por un grupo de mulleres en representación da sociedade civil. Convidan a toda a cidadanía a participar na marcha que partirá a mediodía dende a praza do concello.

Pola tarde tomaralle o relevo a Unión de Muchachas. Este colectivo organiza a partir das seis da tarde unha verbena feministra que comezará coa lectura do manifesto ‘Galegas 8M’ e proseguirá cunha serie de actuacións musicais a cargo de mulleres da comarca.

Mentres que o asociacionismo será o encargado das celebracións e actos reivindicativas, o concello promove a través do CIM dúas actividades cos centros educativos. Serán o luns nos institutos de Espiñeira e no viveiro de Empresas.

Dende o concello animaron á cidadanía a conmemorar esta data reivindicativa e agradeceron a colaboracións das numerosas asociacións e entidades deportivas que se sumarán ás celebracións do 8M.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí