O artista pontevedrés Adrián Torres presenta o seu disco debut “‘Elarte’ en la calle”

PONTEVEDRA> “Elarte en la calle” é o primeiro disco do pontevedrés Adrián Torres. Despois de anos tocando versións, pouco antes da pandemia empezou a dar forma ao que é o seu álbum debut. Unha obra na que pon voz e música ás súas vivencias persoais e que presentará o vindeiro 25 de maio no bar OSPA, en Vilalonga, Sanxenxo.

Así sona ‘Elarte en la calle’, o tema que dá nome ao primeiro disco do pontevedrés Adrián Torres.

Ve agora a luz pero é froito dun longo traballo, que se remonta incluso a antes de que a pandemia da covid19 paralizara o mundo.

É o seu primeiro disco pero Adrián Torres non acaba de chegar ao mundo da música. Despois dunha década tocando versións das cancións doutros artistas, decidiu que xa era hora de dar voz ás súas experiencias.

Das súas vivencias e, tamén, das dos que o rodean. Por exemplo, en ‘Elarte en la calle’ Adrián Torres inspírase na vivencia dun amigo músico.

O artista encara o verán con ganas. Volverá co seu primeiro disco baixo o brazo a moitos dos sitios que o viron tocar temas doutros.

Pero antes, a primeira parada será o vindeiro 25 de maio. O bar OSPA, en Vilalonga, acollerá a a posta de longo de ‘Elarte en la calle’, nunha presentación que promete ser unha festa.