A violencia de xénero e o consumo de drogas nos centros educativos, as dúas claves do Plan Director

PONTEVEDRA> Traballar na formación transversal da comunidade educativa para previr a violencia machista e o acoso nas aulas. Con ese obxectivo a Subdelegación do Goberno acolleu esta mañá a constitución da comisión provincial do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos centros. Unha iniciativa na que participaron 40.000 alumnos e máis de 2.000 pais e nais.

Charlas sobre o bo uso das novas tecnoloxías, sobre violencia de xénero e acoso escolar, sobre as bandas xuvenís ou sobre o consumo de drogas. Esas son algunhas das liñas principais do Plan Director para a Convivencia e a mellor da Seguridade nos Centros Educativos. Un programa no que participaron, ao longo de 2019, preto de 390 centros de Pontevedra, máis de 1.000 profesores e 2.000 pais e nais. Xustamente esta foi a cifra máis destacada esta mañá pola Subdelegada do Goberno.

A prevención da violencia machista foi unha das temáticas máis demandadas pola comunidade educativa. Pero dende a Subdelegación do Goberno poñen tamén o foco nas casas de apostas.

En 2019 o número de vixilancias nos centros educativos aumentou considerablemente. Algo que permitiu desarticular varios puntos de trapicheo.

Na comisión provincial do Plan Director conformada esta mañá na Subdelegación do Goberno, estiveron tamén presentes o delegado territorial de Educación da Xunta de Galicia, inspectores de educación e representantes  dos corpos e forzas de seguridade do Estado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí