“Preocupación si, pero medo non”: sen temor ao coronavirus nas Rías Baixas

SALNÉS> Tralo susto desta mañá en Cuntis, saímos á rúa para coñecer como afronta á veciñanza a alerta ao Coronavirus. Os Salnesáns demostraron estar ao tanto das precaucións e das medidas a tomar en caso dun posible contaxio.

A comunidade galega foi das últimas en verse afectada por contaxios de coronavirus. Nos últimos días apareceron os primeiros afectados e numerosos centros médicos tiveron que  activar nalgunha ocasión o protocolo de prevención. A pesar diso, a veciñanza asegura non ter medo pero si estar alerta.

O Salnesáns demostraron que teñen claras as medidas a tomar para evitar o contaxio.

Tamén están ao tanto dos síntomas que esta enfermidade provoca.

No que hai máis dúbidas é no protocolo de actuación en caso de que sufrir estes síntomas.

A pesar dos protocolos de prevención en centros médicos como o de Vilagarcía e o de Cuntis, polo de agora non se rexistrou ningún positivo nos concellos da contorna. Haberá que agardar que a precaución da veciñanza evite que o contaxio chegue aos nosos concellos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí