Máis de mil pombas competirán no III Derby Rías Baixas de Ribadumia

RIBADUMIA> Ribadumia volverá a ser o centro de España de colombofilia coa terceira edición do Derby Rías Baixas. Máis de mil pombas están sendo adestradas para que recoñezan a vila como o seu fogar. En setembro liberaranse en Toledo e gañará a primeira que volva ao pombal de Ribadumia. A competición reparte máis de 68 mil euros en premios.

Ribadumia prepárase para unha das competicións máis peculiares que se desenvolven na vila. Durante tres meses, máis de mil adestradores de toda Europa exercitan ás súas pombas para que se familiaricen co pombal de Ribadumia e aprendan a chegar hasta el dende diferentes puntos de España.

Unha vez rematados os adestramentos comezará a competición. En total serán 5 probas.

Na anterior edición participaron máis de mil pombas. A organización agarda superar este ano as 1600 competidoras. De alcanzar esa cifra, competición repartirá máis de 68 mil euros entre os gañadores. Os premios divídense en tres categorías.

As pombas poden tardar aproximadamente 9 horas en chegar dende Toledo. A carreira pode seguirse a través de internet grazas a que as aves teñen atadas uns microchips ás patas. Gañará a que primeiro entre no pombal de Ribadumia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí