O Salnés baléirase para tentar frear o coronavirus

SALNÉS> Máis aló de Vilagarcía, outros concello anunciaron as medidas que tomarán para tentar minimizar o impacto do coronavirus entre os seus veciños. En Vilanova, por exemplo, o goberno local deseñou un protocolo para repartir alimentos ante os posibles illamentos entre os seus veciños.

O concello de Vilanova deseña as súas propias medidas para minimizar o impacto do coronavirus. Actualmente non se rexistrou ningún contaxio no municipio, pero o goberno local asumiu e ampliou as medidas anunciadas onte dende a Xunta de Galicia. Entre as iniciativas propias, está o reforzo da limpeza dos centros de saúde.

Os edificios públicos permanecerán pechados, pero a praza de abastos continuará aberta. Ademais, o executivo deseñou un protocolo para garantir a asistencia aos veciños que poidan ter que cumprir corentenas nos seus domicilios.

Tal e como se ditou dende a Xunta, limitarán as aglomeracións por iso cancelaron as citas previstas para estes días. Algo que tamén se aplicou en Ribadumia, coa cancelación do campionato de baile.

Esta situación está a afectar ás actividades previstas por todos os concellos, e pode ter especial incidencia no caso de Meis. A Semana Santa de Paradela ou a Romaría das Cabezas son dúas citas multitudinarias que poderían ter que cancelarse pola incidencia do coronavirus. Polo de momento o concello suspendeu a presentación da Semana Santa, que se ía celebrar esta tarde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí