VILAGARCÍA> Vilagarcía comeza a bailar a ritmo de blues. O festival Vilablues deu hoxe as notas de saída a un evento que se estenderá ata o domingo 21. Como é habitual a inauguración contou coa colaboración do alcalde, este ano, tocando a guitarra.
As rúas de Vilagarcía soan a ritmo de blues co inicio da cuarta edición do Vilablues. O festival inaugurado hoxe encherá a vila con concertos gratuítos ata o domingo 21.
Segundo a organización, este ano presentan o seu cartel máis ambicioso con grupos que mesturan o blues e o sould.
A organización do Vilablues é a mesma que posibilitou o concerto en Vilagarcía de Bonnie Tyler. Unha actuación que foi todo un éxito.
O Vilablues move a toda a veciñanza incluído o alcalde. Como cada ano o rexedor comparte escenario co grupo que inaugura o festival. Nesta edición, Alberto Varela deu un “guitarrazo de saída”
Tia Carroll, Shirley Davis ou Joe Luis Walker son algúns dos artistas destacados que dende hoxe ata o domingo 21 actuarán de forma gratuíta en Vilagarcía.