A veciñanza de Guillán denuncia os problemas que as obras dun viñedo están causar na zona

VILAGARCÍA> Preocupación e malestar na zona de Guillán, en Vilagarcía, pola creación dun viñedo preto das vivendas. As fortes choivas da fin de semana arrastraron gran cantidade de area que proviña do terreo, entrando nas casas e causando importantes molestias aos veciños. A veciñanza pide solucións para un proxecto que consideran prexudicial para toda a aldea.

Días despois das intensas choivas da fin de semana, a rúa da Torre de Guillán continúa completamente embarrada. As intensas choivas provocaron unhas tromba de auga que baixou dende o monte e inundou as súas casas. A veciñanza nunca vivira unha situación similar.

A veciñanza culpa das inundacións ás obras que se están a realizar nun terreo próximo ás vivendas. A tala das árbores deixou a zona descuberta o que provocou que a auga baixase sen control e arrastrase grandes cantidades de area.

Segundo os veciños, o terreo que está en obrar converterase nun viñedo. Unha plantación que consideran un perigo ao estar tan preto das vivendas, do lavadoiro e da fonte.

A veciñanza quere coñecer porqué permiten a creación dun viñedo tan preto das vivendas. Segundo indican, xa contactaron co concello para que limpe a zona e para que pida explicacións ao Seprona.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí