A Xunta busca hoteis aptos para apoiar aos hospitais na atención de pacientes con coronavirus

GALICIA> Con número de contaxiados medrando en Galicia, a Xunta quere prepararse para previr un colapso dos hospitais galegos. Por iso, a Xunta de Galicia intenta facer un reconto das camas que podería incorporar á atención sanitaria. Están a facer a busca entre os hoteis que poidan ser axeitados. Tamén fan un chamamento ao Goberno do Estado pola falta de material sanitario de protección.

Evitar o colapso do sistema sanitario galego é a máxima prioridade da Xunta de Galicia na xestión da crise provocada polo coronavirus. De chegar a esta situación, o goberno prepara un plan B: por iso están a facer un reconto das camas que poderían incorporarse á atención sanitaria.

Segundo o presidente da Xunta, a prioridade do seu executivo é conseguir material sanitario, sobre todo equipos de protección individual para centros sanitarios, ambulancias, residencias, centros de discapacitados ou persoal dos servizos de emerxencia e protección civil.

Ademais, tamén se aprobou unha orde para que os concellos poidan reforzar as súas Policías Locais con 120 auxiliares da lista de contratación ou con axentes que aprobaron a convocatoria galega pero estaban sen praza. Tamén abriuse a porta a que o persoal do servizo de extinción de incendios forestais colabore para garantir o cumprimento do Estado de Alarma.

En canto ás eleccións autonómicas,  tamén se aprobou o decreto que deixa sen efecto a convocatoria do 5 de abril. O decreto consensuado cos principais partidos galegos recibiu o visto bo da xunta electoral. Iso si, o órgano dictamina que será preciso repetir todos os procedementos, ignorando por completo a fallida data anterior.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí