A Autoridade Portuaria de Vilagarcía e AJE Pontevedra convocan a segunda edición do seu certame de emprendemento

VILAGARCÍA> Hoxe abriu o prazo de inscrición para a segunda edición do certame de emprendemento “Ría de Arousa”, impulsado pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra. O concurso busca fomenta-lo desenvolvemento de novas iniciativas marítimo-pesqueiras, con ideas innovadoras e viables.

A segunda edición do premio Ría de Arousa xa está en marcha. O certame está organizado pola Asociación de Jóvenes empresarios de Pontevedra, en colaboración coa Autoridade Portuaria de Vilagarcía. Esta iniciativa busca ideas innovadoras e viables, vinculadas coa economía marítimo-pesqueira ou coa súa loxística. Outro dos factores a ter en conta é que se poña en valor a Ría de Arousa.

O gañador do concurso levará 2.000 euros para a constitución da súa empresa e un diploma en Bussines Asministration, valorado en 3.600 euros. Ademais, Esta segunda edición, trae unha novidade en canto ós premios, grazas á colaboración da FECA. Desta volta, a ocasión servirá para recoñecer tamén a aqueles que emprenderon hai tempo e que agora poden presumir dun proxecto consolidado. E todo, segundo indican, para que os que xa emprenderon sirvan de inspiración ós emprendedores que están por vir. A presidenta da Autoridade Portuaria considera fundamental apoiar iniciativas como esta, que serven, segundo apuntou, para favorece-lo progreso económico e social da Arousa.

Na primeira convocatoria do premio participaran uns 15 proxectos. O prazo de inscrición para participar nesta segunda edición do certame rematará o vindeiro 10 de xuño.