O Plan Especial do Porto de Cambados, clave para o asentamentos de novas industrias

CAMBADOS> Despois de dez anos de trámites, Cambados acaba de aprobar o seu plan especial do porto. Trátase dun documento clave para o desenvolvemento da vila, así como o asentamento de novas industrias. O documento, que xa foi aprobado en pleno, permite tamén despexar o futuro da praza de abastos, pendende dunha renovación dende hai anos.

Pasou unha década dende que Cambados comezou os trámites para darlle forma ao seu Plan Especial de ordenación portuaria de Tragove y San Tomé. Un documento fundamental para o futuro do municipio que vén de ser aprobado por unanimidade en Pleno.

O que se traduce nunha base para o asentamento de novas industriais ou a ampliación das que xa hai.

O alcalde lamenta a demora en conseguir chegar ata aquí, con multitude de atrancos e contratempos. Rexeita as críticas do PP, que acusou ao goberno local de ser o culpable da tardanza.

Coa tramitación do plan especial xa superada, queda desbloqueada a situación do mercado de abastos. O goberno local, aposta por unha rehabilitación do actual edificio fronte ao proxecto que no seu día lanzara o PP.

E apunta o alcalde, tanto o goberno central como a Xunta manteñen o seu compromiso económico para a reforma da praza.