Freire nega a súa deficiente xestión durante a pandemia

NOIA> O alcalde de Noia, Santiago Freire, negou que se estivera facendo unha deficiente xestión da pandemia, tal e como denuncian dende a oposición. Segundo el con este tipo de polémicas o que buscan é confundir á veciñanza e crear un innecesario estado de alarma.

En canto á polémica da solicitude do cribado masivo, tal e como viñan solicitando dende a oposición, o alcalde sinalou que sempre estivo enriba da mesa. Segundo el se non se fixo foi porque Sanidade tiña ben controlados tódolos brotes que se daban en determinados entornos familiares do municipio.

Segundo el, nos últimos días, os datos melloraron significativamente, o que permite ser moderadamente optimistas.

Freire tivo tamén palabras de apoio para o comercio e a hostalería local. Segundo el o Concello sempre respaldou todas aquelas iniciativas viables para estes dous sectores como foron a flexibilización na instalación de terrazas e o cobro das taxas das mesmas, entre outras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí