Sae á luz o novo número da revista Folía

BOIRO> A presentación da publicación do libro das festas faise de igual forma, a pesar de que este ano non haberá festexos a consecuencia da pandemia.

A publicación, que nos próximos días chegará a maioría dos fogares de Boiro, ten este ano unha dobre finalidade. Por unha banda recoller os anuncios de moitas empresas e comercios locais que dende hai anos viñan colaborando coa revistas das festas e ás que este ano non se lles cobrará a publicidade, en agradecemento do esforzo que fixeron durante a crise ocasionada pola Covid-19. A outra razón, homenaxear ó colectivo das costureiras que colaboraron na elaboración de máscaras de protección durante a pandemia, que foron este ano ademais nomeadas como as raíñas das festas.

A revista deste ano, que será sufragada integramente polo Concello, foi editada seguindo un esquema moi similar ás edicións anteriores.

A publicación tamén inclúe textos dos colaboradores habituais da revista, como Antón Gallardo, Xosé Manuel Triñanes, Estevo Silva ou Carmen Hermo entre outros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí