Conde participa en Boiro nun encontro con empresarios

BOIRO> O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou onte pola noite en Boiro nunha xornada con empresarios e autónomos. No acto, organizado pola patronal local, informou dos diferentes programas de axudas que a Xunta ten activos para impulsar a competitividade do tecido produtivo e a creación de emprego.

O titular de Industria mantivo onte pola noite un encontro con representantes do tecido empresarial non só de Boiro senón de todo do Barbanza nunha xornada organizada pola patronal local, que tiña coma principal finalidade informar das convocatorias de axudas impulsadas pola Xunta de cara a mellorar a competitividade do tecido produtivo e a creación de emprego.

Durante o acto Conde destacou s o dinamismo económico do municipio que conta na actualidade con máis de dúas mil empresas. Tamén puxo de relevo o feito de que Boiro dispoña do distintivo de Concello Emprendedor, o que lle permite poder ofrecer incentivos ás empresas que queren asentarse nos seus municipios e que teñen prioridade no acceso a diferentes convocatorias de axudas da Xunta.

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí