O Rotary Club e a Funeraria San Marcos doan tablets e móbiles ao Hospital Montecelo para os infectados polo coronavirus

PONTEVEDRA> O Rotary Club de Pontevedra doou ao Hospital Montecelo 20 tablets para as persoas illadas polo coronavirus.

Trátase dun proxecto humanitario de cooperación co Servizo Galego de Sáude. Baixo o nome “Rotary conecta el mundo y a ti con los tuyos”, este colectivo busca que os pacientes que están ingresados como consecuencia do Covid-19 poidan permanecer en contacto cos seus seres queridos. O Rotary Club entregou 20 equipos ao Hospital Montecelo pero asegura que esta cifra podería incrementarse nos vindeiros días se conseguen que máis persoas se unan a esta iniciativa.

Por outra banda, a Funeraria San Marcos quixo tamén colaborar coa área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Esta empresa entregou hoxe cinco móbiles de última xeración no Hospital Montecelo. O obxectivo é o mesmo. Que os pacientes ingresados poida permanecer en contacto coas súas familias a través de videochamadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí