Noia pon en marcha un concurso de fotografía durante o confinamento

NOIA> O certame baixo o título ‘Corentena dende Noia’, está dirixido especialmente á mocidade do municipio, de idades comprendidas entre os catorce e os trinta anos. O prazo de presentación dos traballos estará aberto ata o 24 de abril e os premios serán vales de 40 a 120 euros para mercar no comercio local cando se supere a pandemia. Cada participante poderá presentar ata un máximo de tres fotografías que deberán enviarse ó correo electrónico xuventude@gmail.com, indicando os seus datos persoais e o título da fotografía.