Noia acolle esta fin de semana o Campionato de España de Clubes de Fútbol Sala

NOIA> Noia acollerá esta fin de semana o Campionato de España de Clubes de Fútbol Sala Sub 14. Daranse cita catro equipos nacionais co Galicia Gaiteira como representante galego. Medirase cos xogadores do Móstoles, Zaragoza e Barcelona.

Noia será sede esta fin de semana dun evento deportivo de primeiro nivel. O pavillón Agustín Mourís acollerá entre o 15 e o 16 de xuño o Campionato de España de Clubes de Fútbol Sala na categoría Sub-14.

Ademais da representación galega, participarán outros tres equipos nacionais, entre eles o Barcelona.

Dende o concello quixeron agradecer a confianza depositada da Federación polo municipio que continúa coa súa aposta decidida polo deporte.

Neste sentido, o alcalde explicou que xa se teñen acometido melloras no pavillón e que existe un compromiso de investimento por parte da Xunta para aumentar o aforo.