O SALNES> O persoal de Valoriza, que ese encarga da recollida de lixo para a Mancomunidade do Salnés en Cambados, Vilanova e Meis anuncia protestas na defensa dos seus dereitos laborais. Reclaman un novo convenio no que as melloras que se pacten sexan incorporadas ao prego de condicións do concurso de adxudicación do servizo. Denuncian que nestes momentos teñen uns salarios moi baixos.
Nas vindeiras semanas, os traballadores de Valoriza que prestan o servizo da recollida do lixo para a Mancomunidade do Salnés nos concellos de Cambados, Vilanova e Meis van escenificar nestes tres municipios as súas demandas laborais. Van saír á rúa reclamando un novo convenio.
E para que iso non volva pasar, esixen que as melloras que se pacten sexan incorporadas ao prego de condicións do concurso de adxudicación do servizo. Dende a CIG lamentan que dende o organismo comarcal están empregando os mesmos argumentos que na negociación de 2022.
Ademais de melloras salariais, reclaman máis persoal e melloras nos horarios.
Aseguran que resulta imposible manter comunicación co presidente da Mancomunidade para acordar unha data para reunirse e avanzan calendario de protestas.
O seguinte paso, advirten, convocarán xornadas de folga entre o 24 de xullo e o 9 de agosto.











