Máscaras de protección 3D con patente boirense

BOIRO> Un veciño de Boiro leva unha semana fabricando no seu propio domicilio máscaras de protección con impresoras 3D. A través desta acción totalmente altruísta, colabora na dotación deste importante material para facer fronte ó coronavirus.

Grazas a estas dúas impresoras, e o seu traballo, Santi leva xa realizadas máis de corenta máscaras de protección. Todas elas seranlle entregadas ó concello de Boiro para distribuír posteriormente entre o persoal que o precise.

Co seu esforzo e dedicación está a dar solución a un problema real, na actualidade, como é a falla deste tipo de material de protección, imprescindible para evitar futuros contaxios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí