Mar convoca unha liña de axudas para confrarías e organizacións pesqueiras dotada con cinco millóns de euros

BARBANZA> A Xunta de Galicia aproba unha liña de subvencións para accións de recuperación da biodiversidade mariña. A convocatoria, dotada con cinco millóns de euros, vai dirixida a confrarías, cooperativas e organizacións de produtores para a contratación de vixilantes e biólogos.

Luz verde á tramitación da convocatoria de axudas da Consellería do Mar por importe de cinco millóns de euros para proxectos colectivos que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña. A Xunta autorizou a tramitación de xeito excepcional, no contexto de estado de alarma, ó considerase axudas indispensables para a protección da actividade pesqueira esencial para o subministro de alimento.

As axudas están financiadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca. Poden optar a elas tanto as confrarías como as organizacións de produtores, cooperativas do mar ou asociacións de profesionais do sector que promovan proxectos destinados a mellorar a xestión dos recursos mariños. entre eles, plans de optimización, proxectos de vixilancia e control do estado das augas, plans de formación dos profesionais ou programas divulgativos de sensibilización medioambiental.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí