A ILLA> Na Illa de Arousa, os veciños están a recibi-las máscaras reutilizables a través do correo. O concello está a envialas a tódolas casas do municipio. En cada vivenda déixase unha por persoa. O sobre do envío inclúe tamén un pequeno manual con instrucións para desinfectala e lavala.
O despacho do alcalde converteuse estes días no centro de ensobrado das máscaras reutilizables que están a recibi-los veciños da Illa. O reparto estase a facer a través do correo postal. En cada domicilio vaise entrega-lo número de máscaras que precise.
O sobre do envío inclúe un pequeno manual para lavar e conserva-las máscaras.
As máscaras que se están repartindo pola Illa son de dous tamaños.
O alcalde explica que cada veciño pode reforza-la seguridade da súa máscara incluindo no seu peto unha gasa, que se pode incorporar a maiores do filtro que xa inclúe.
As máscaras están elaboradas co material que o Concello adquiriu a unha empresa de Salamanca.