Un DJ de Noia promove sesións de música en vivo con fins solidarios

NOIA> A crise do coronavirus segue a sacar a cara máis solidaria da xente. Desta volta, o DJ Telo, de Disco Móbil Chocolate, organizou un festival de música a través de Facebook. Tódolos fondos recadados foron destinados á Cruz Vermella e Cáritas Parroquial de Noia.

O promotor da iniciativa fixo entrega dos cheques, por valor de máis de mil euros cada un, ás dúas entidades. Tralo éxito do festival, DJ Telo traballa xa na organización dun novo proxecto que consistirá na venda de tazas solidarias para axudas ás familias en situación de vulnerabilidade.

Mentres tanto continuará cos seus directos solidarios cada fin de semana. Este sábado terá lugar a ‘Festa Hortera’ de Porto do Son.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí