O concello de Cambados repartirá 30 mil máscaras entre a súa veciñanza

CAMBADOS> O concello de Cambados repartirá 30 mil máscaras entre os seus veciños. Farao a través do servizo de correos entregando dúas máscaras por fogar.

O concello de Cambados, ao igual que outros municipios do Salnés, tamén repartirá máscaras entre os seus veciños. Na vila do Albariño, o goberno local adquiriu 30 mil unidades que repartirá casa por casa coa axuda do servizo de correos.

Utilizar só a máscara non é suficiente, por elo o concello advirte que o máis importante para evitar o contaxio é respectar todas as medidas de prevención.

Ademais destas máscaras, o concello de Cambados ten dispoñibles outras de tela reutilizables para aqueles que as necesiten.

Esta nova iniciativa súmase ás que xa leva postas en marcha o Concello de Cambados dende o 12 de marzo. Medidas como a desinfeccións das rúas, a ampliación dos cheques de alimentos, o reparto á domicilio ás persoas maiores de 65 anos que vivan soas e a aportación de materias sanitarios ao centro de Saúde. A alcaldesa lamenta non ter máis axuda por parte da Xunta de Galicia.

As actuación do concello de Cambados continuarán encamiñadas a evitar os contaxios na vila pero, dende o goberno local, xa está a estudar medidas para poñer en marcha cando se levante o estado de alarma.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí