As bibliotecas reivindican o valor da lectura como aliada durante o confinamento

RIANXO> A rede de Bibliotecas da Xunta de Galicia elaborou un vídeo para conmemorar o Día Internacional do Libro. Pretenden, con esta e outras iniciativas, reivindicar a importancia da lectura nestes días nos que a literatura converteuse na mellor aliada para pasar as horas de confinamento.

Non é un vinte e tres de abril máis. A conmemoración do Día do libro vivirase este ano de xeito distinto. Coas bibliotecas pechadas fisicamente pero máis vivas que nunca a través da rede.

Para conmemorar esta efeméride, as trinta e una bibliotecas da rede pública da Xunta veñen de publicar un vídeo no que reivindican a importancia da lectura, máis se cabe, nestes tempos de confinamento.

Esta iniciativa súmase ás moitas outras que desenvolven as bibliotecas galegas de xeito colaborativo dende que se decretou o estado da alarma. Unha delas é a ‘Hora do Conto’ na que a literatura infantil chega ós máis pequenos a través do audiovisual.

Mentres continúan a pleno rendemento de xeito telemático, as bibliotecas buscan xa novas fórmulas para volver á actividade presencial unha vez que se permita a súa reapertura. Non é doado posto se trata dun lugar onde impera o contacto cos libros.

Xa sexa en formato físico ou dixital, de seguro que a afección pola literatura non mudará entre os moitos usuarios da biblioteca rianxeira, unha das máis activas de toda Galicia.