O obradoiro de emprego de cociña ‘O Pote’ chega a súa fin

RIBEIRA> O centro cultural Lustres Rivas acollía o acto de clausura do obradoiro de emprego de cociña ‘O Pote’. Na experiencia formativa, que se veu desenvolvendo no último ano, tomaron parte uns quince alumnos.

Coa presenza do delegado territorial de emprego da Xunta, Isidoro Martínez, Administración que se encargou do seu financiamento, esta mañá chegaba o seu fin o obradoiro de emprego O Pote, na especialidade de cociña. Na experiencia formativa, que se veu desenvolvendo na localidade no último ano, tomaron parte un total de quince alumnos. Todos eles recibiron o seu diploma correspondente. Un certificado de profesionalidade que os acredita para pdoer desempeñar o seu oficio.

No acto, a tenente de alcalde, Mariola sampedro, anunciaba o inicio inminente dun segundo obradoiro de emprego de cociña, neste caso O Pote II, coa participación de quince novos alumnos-traballadores de entre 18 e 29 anos.

O acto rematou coa proxección dun vídeo resumo no que se recollían algúns dos traballos realizados polos alumnos ó longo do curso, para rematar, como é costume, cunha foto de grupo, na que tomaron parte, ademais das autoridades presentes, tódolos participantes e o seu profesorado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí