O BNG reúnese coas ANPA´s da Barbanza

BARBANZA> Os nacionalistas organizaron unha reunión con representantes das ANPA’s de Boiro a da Pobra do Caramiñal para abordar este inicio do curso escolar. No encontro contaron coa participación dos deputados, Rosana Pérez e Manuel Lourenzo, este último ademais o responsable de Ensino da formación no Parlamento Galego.

Para o BNG o Ensino é un dos eixos centrais da súa política, de aí que organizaran unha serie de encontros con representantes das distintas ANPA´s da comarca, neste caso de Boiro e a Pobra do Caramiñal.

As reunións serviron para analizar este inicio do curso escolar e facer unha radiografía da situación real do sistema educativo na comarca, nun tempo ademais no que, a chegada da covid, está a condicionar en moito a volta ás clases.

Dende o BNG culpan desta situación á Xunta, que estivo ausente durante estes meses, despreocupada de preparar doutro xeito esta volta ó colexio.

O BNG defende un inicio de curso presencial e seguro, pero cos investimentos necesarios para garantir a máxima seguridade de toda a comunidade escolar.

Tamén criticaron que a consellería de Educación trasladase a responsabilidade a concellos, direccións e ANPA´s na organización das actividades de madrugadores, comedores e actividades extraescolares.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí