MADRID> Alberto Núñez Feijóo reivindica o Xacobeo 2021 como o gran elemento dinaminazador de Galicia. O presidente da Xunta visitou esta mañá FITUR. Alí, o xefe do executivo galego asegurou que a nosa comunidade está ás portas dun evento único, que ten que servir para poñer en valor o noso patrimonio cultural e unir pobos.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitou esta mañá o stand de Turismo de Galicia en Fitur. E fíxoo paa facer unha chamada ós turistas a visitar Galicia, coincidindo coa celebración, o vindeiro ano 2021, do Ano Santo. Segundo el será un acontecemento histórico e diferencial que marcará un antes e un despois para historia da nosa comunidade.
A Xunta fará unha gran aposta para afrontar os grandes retos que supón a organización dun evento tan importante como é o Xacobeo, con grandes investimentos que serán destinados á mellora dos distintos camiños que levan a Santiago, así como tamén á organización de espectáculos de gran formato que o que buscan non é máis que atraer máis visitantes á comunidade.
En Fitur o titular da Xunta fixo tamén unha reivindicación do ritual do abrazo o Apóstolo, o mesmo como o que segundo el reciben os galegos os milleiros de turistas que nos visitan.