A Asociación Peñas Boiro recada preto dos dous mil quilos de alimentos para Cáritas

BOIRO> A Asociación Peñas Boiro conseguiu recadar preto duns dous mil quilos de alimentos non perecedeiros na campaña desenvolvida en varios supermercados da localidade durante as últimas semanas. Todo o recadado xa lle foi entregado a Cáritas para a súa distribución entre as familias máis necesitadas do municipio.

Ao final conseguíronse recadar preto dos dous mil quilos de alimentos. A campaña, desenvolvida do 8 ó 21 deste mes de abril en varios supermercados da localidade, ía en beneficio de Cáritas para ser distribuídos entre aquelas familias máis afectadas pola pandemia do coronavirus.

A Asociación de Peñas de Boiro conseguiu tamén xestionar unha partida de cinco toneladas de patacas procedentes da Limia.

Dende a entidade quixeron destacar o traballo que realizan entidades coma Cáritas, máis agora, nunha época complicada, na que existen moitas familias que están a pasar por unha situación delicada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí