O Deán promove unha campaña para o Día da Nai

POBRA>O Centro Comercial Aberto O Deán está a desenvolver unha nova campaña comercial con motivo do Día da Nai, baixo o lema ‘Os agasallos para mamá’. Faino a través da súa tenda virtual: deanshop.es. Coa iniciativa o que pretenden é que ningunha nai quede sen o seu agasallo este vindeiro domingo.

A celebración o próximo domingo do Día da Nai, e ante a situación actual na que nos atopamos, na que hai serias dificultades para a realización das compras, ó atoparse a maioría dos negocios pechados, fai que moitas asociacións pensen en iniciativas que axuden ó normal desenvolvemento comercial, facilitándolle na medida do posible ós seus clientes poder realizar as compras. Máxime nun día tan especial como ese. Por esta razón a través da súa tenda virtual deanshop.es puxeron en marcha a campaña ‘Os agasallos para mamá’ con múltiple oferta de regalos para ese día.

As persoas interesadas aínda están a tempo de realizar as súas compras. As encargas personalizadas recolleranse na propia páxina web ata mañá venres, e o domingo encargaranse de levarllas directamente ós seus domicilios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí