O Concello de Pontevedra presenta “Mañá”, o himno da recuperación da cidade

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra presentou hoxe o tema “Mañá”. Unha canción na que colaboraron máis dunha vintena de artistas da Boa Vila e que naceu co obxectivo de converterse no himno da recuperación da cidade.

“A alarma resoa na boca do artista, dun mundo que torna a unha forma distinta”. Así comeza “Mañá”. Unha canción impulsada pola concellería de Xuventude de Pontevedra e na que se uniron diferentes artistas da Boa Vila. Este tema busca converterse no himno da recuperación da cidade.

A composición do tema estivo a cargo de de dous rapaces de 16 e 18 anos. Mariña Paz, a vocalista de Furious Monkey House, e Thomas Argibay Walker. Ademais, a canción contou tamén coa colaboración de artistas como Soulmacklein, Checho Malkeda ou Malecho. Pola súa banda, Gonzalo Maceira e Iago Lorenzo encargáronse da produción musical.

Co obxectivo de facer chegar esta canción a todos os pontevedreses, o goberno municipal celebrará mañá ás 19:00 horas un encontro virtual con todos os artistas que formaron parte do proxecto.

Esta conversa emitirase en directo no perfil de Youtube do Concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí