Niños Mutantes, The Rapants ou Javier Lago estarán este ano nun Surfing the Lérez ‘especial Sala Karma’

PONTEVEDRA> O verán non comeza en Pontevedra sen o festival Surfing the Lérez. A décimo terceira edición da popular romaría urbana celebrarase os días 14 e 15 de xuño, cun ano especial dedicado á Sala Karma, local no que naceu a cita. Estas dúas xornadas pola Illa do Covo pasarán artistas de primeira liña, cun cartel composto no 80% por grupos galegos. Tamén haberá actividades para todos os públicos e recollida solidaria de alimentos.

Os días 14 e 15 de xuño a Illa do Covo será o escenario dunha das citas imperdibles do calendario pontevedrés: o festival Surfing the Lérez.

A cita celebra o seu décimo terceiro aniversario fiel á súa filosofía: entrada de balde, ambiente para todos os públicos e apostando moi forte polos artistas galegos, cunha programación que mantén a esencia da Sala Karma.

Este ano actuarán nos seus catro escenarios grupos como The Rapants, Niños Mutantes, Javier Lago, Grande Amore, Ortiga ou Joe Crepúsculo.

Haberá foodtrucks, un mercado emerxente e zona infantil, que este ano como novidade acollerá un entroido. Tampouco faltará o punto de recollida de alimentos para a Rede Axuda. Os organizadores márcanse como obxectivo para este ano acadar as 10 toneladas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí