A confraría de Rianxo recupera parte do seu persoal acollido ao ERTE

RIANXO> A volta a actividade con maior normalidade permitiu mellorar algo a economía do pósito, e dos seus oito empregados, a día de hoxe, tan só hai tres afectados polo ERTE.

A chegada do coronavirus, e con ela a incertidume e a baixada da demanda, provocou unha merma importante de ingresos. Ante este panorama crítico, e antes de que a situación fora a peor, o pósito rianxeiro decidiu acollerse a un ERTE.

Dos oito traballadores que ten o pósito, a día de hoxe tan só tres están afectados polo expediente de regulación de emprego. A volta á actividade extrativa con aparente normalidade foi a principal razón de ir incorporando progresivamente ó seu persoal.

Aínda así, a situación para os próximos meses non é moi alentadora para un sector acostumado a vivir sempre no aramio.

O pósito rianxeiro non é o único de Arousa Norte afectado por un ERTE. A confraría da Pobra tamén decidiu acollerse a un, afectando a un total de catro traballadores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí