Feijóo confía en poder abrir o peche perimetral e a hostalería nalgunhas zonas de Galicia

PONTEVEDRA> A Xunta podería levantar o peche perimetral nalgunhas zonas de Galicia de cara á ponte de decembro. Así o anunciou hoxe Alberto Núñez Feijóo. Ademais, se a evolución da pandemia segue sendo positiva, a administración autonómica podería reabrir tamén o sector hostaleiro.

Alberto Núñez Feijóo valorou hoxe positivamente a evolución da pandemia na nosa comunidade. O presidente da Xunta de Galicia cre que as medidas adoptadas nas últimas semanas están comezando a xurdir efecto e, por iso, Feijóo mantén a esperanza de poder levantar o peche perimetral nalgunhas zonas da nosa comunidade de cara á ponte de decembro.

O fin do peche perimetral podería levar consigo tamén a reapertura da hostalería. Iso si, Feijóo non quixo concretar que áreas sanitarias poderían beneficiarse desta decisión.

Aínda que o presidente autonómico chamou á prudencia e responsabilidade de todos os galegos e galegas, Feijóo quixo deixar claro que, de momento, a Xunta descarta o confinamento domiciliario.

A pesar de que o balance do presidente autonómico é positivo, a decisión de levantar ou non o peche perimetral vai a depender de como evolucione a pandemia nas próximas semanas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí