RIANXO> Como é habitual, coincidindo co cabodano de Castelao, do que se cumpre este ano o seu 76 aniversario e que serviu tamén de peche ó Ano Castelao, que se celebrou ó longo de todo o 2025, o BNG volveu a escoller a vila rianxeira para desenvolver a súa homenaxe nacional ó insigne galeguista.
O mal tempo existente, obrigou a trasladar os actos dende o Paseo da Ribeira, lugar habitual, ó auditorio municipal.
Alí tiñan lugar as intervencións, a cargo nesta ocasión da portavoz municipal, Sarela Betanzos; a deputada no Parlamento Galego, Rosana Pérez, para rematar coa portavoz nacional da formación, Ana Pontón.
No seu discurso reivindicou a figura do intelectual galeguista, e chamou a defender os seus valores en tempos de imperialismo e violacións do dereito internacional.
No acto, Pontón fixo tamén unha defensa da soberanía dos pobos, anunciando que o BNG rexeitará calquera proposta de financiamento autonómico que non acabe coa discriminación histórica que sofre Galicia.
Como é costume, tralo acto político os asistentes desprazáronse ata o Paseo da Ribeira, a carón do busto de Castelao, onde se realizou a tradicional ofrenda floral na súa lembranza, baixo os acordes do Himno do Antigo Reino de Galicia.











