A Pobra e Rianxo solicitan un obradoiro de emprego conxunto de aproveitamentos forestais

A POBRA> A Pobra e Rianxo solicitaranlle a Xunta un obradoiro de emprego compartido. Levará o nome de ‘Co-mutare’ e estará enfocado a actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e aproveitamentos forestais.

Os concellos da Pobra e Rianxo veñen de anunciar a solicitude conxunta á consellaría de Emprego e Igualdade dun obradoiro de emprego. O proxecto que levará o nome de ‘Co-Mutare’ terá como especialidades as actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e aproveitamentos forestais. Na experiencia formativo-laboral que se prolongará por un período de nove meses tomarán parte un total de 20 persoas, dez por cada municipio. Os dous rexedores destacaron a importancia deste tipo de proxectos de cara a inserción laboral da veciñanza.

Na Pobra actuarase na área do miradoiro de Valle-Inclán e na súa contorna, así como en superficies forestais que foron obxecto de lumes. En Rianxo as accións focalizaranse en terreos municipais: concretamente, en aproximadamente 17 hectáreas da zona do Barral, que resultou tamén moi afectada na vaga de incendios de 2017.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí