Os bares volven abrir as terrazas na fase 1 da desescalada

VILAGARCÍA> Nesta fase 1 da desescalada, os bares poden volver abrir as súas terrazas. As medidas de seguridade obrigan aos establecementos a dispoñer só do 50% das súas mesas, unha limitación que frea á maioría dos locais.

Unha das imaxes que máis se botaba de menos é a da xente gozando das terrazas dos bares. Co paso á fase 1 do estado de alarma, os establecementos poden volver abrir as súas terrazas. O primeiro paso para que a hostalería recupere a súa actividade.

Os hostaleiros que se sumaron a esta opción recibiron unha boa resposta por parte dos clientes.

Nesta fase, os establecementos só poden dispoñer do 50% das súas mesas exteriores. Unha limitación que freou o regreso da maioría de bares. Os que están a traballar recoñecen que os ingresos serán poucos.

Ademais da limitación do aforo, os establecementos tamén teñen que cumprir coas medidas de hixiene.

Os que máis celebraron este novo paso, foron os clientes.

Se a situación sanitaria o permite e os concellos pasan á fase 2, o 25 de maio, os bares e restaurantes poderán abrir os servizos de mesa, aínda non os de barra, e sempre garantindo as medidas de prevención.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí